Desta volta demos moita importancia a escoitar, expresar e compartir as nosas emocións. Temos que dicir que foi unha grata sorpresa a boa acollida á hora de realizar xogos desta temática.

Un que lles gustou especialmente foi crear unha serie de caras expresando un sentimento. Comezamos colocándoas todas  xiradas e por cada quenda levantando só 2 cariñas, o obxetivo é emparellar as máximas posibles. Unha vez forma a parella debían poñer un exemplo de cando sentiron esa emoción ou que é o que lla produce.