Dende a Maia as nenas e nenos de primaria seguimos con moita enerxía e con moitas ganas de verán. Como está facendo tanta calor, ademais de ir a darnos un chapuzón á piscina, fomos de excursión ao monte a ver cómo seguían as nosas cabañas. Alí atopámonos unhas pistas que os nosos antepasados os castrexos nos deixaron para que os fosemos coñecendo mellor!!! Ao final sorpréndemonos ao descubrir que as pistas eran petroglifos! Quedamos con moitas gañas de coñecer máis sobre eles así que decidimos facer un “memory”convertíndonos en auténticos artistas e intentamos debuxar os petroglifos que nos deixaron os nosos amigos!!! Este verán estamos compartindo momentos moi divertidos, así que seguiremos desfrutando o pouquiño que queda, a ver con que nos sorprendemos na próxima semana!