Ola de novo! Que tal a vosa semana? A nosa xeniaaaal!! Sorprendéronnos tres musas que viñan da mismísima Grecia para falarnos de Hércules e das duras probas que tivo que superar para convertírse nun heroe…a nós púidonos a curiosidade e tamén quixemos levalas a cabo…así que, convertémonos en astrónomos e elaboramos un visor de constelacións, tamén tocamos a rama das artes creando preciosos mosaicos e por último, superamos un dificilísimo curcuíto de probas físicas…

O luns recibimos unha carta de Marga Polo, que traía sorpresa!! Enviounos un vídeo dende Madagascar! Pedíanos axuda; a nosa misión era liberar ós animais que estaban atrapados nun zoo e escapando dos cazadores furtivos… Saímos ó monte na súa busca e coñecemos un montón de curiosidades de especies en perigo de extinción (burro, balea, crocodilo, oso pardo, oso polar, lobo, tigre, pantera negra…) Vós sabíades que os osos polares teñen a lingua azul? 

O martes, mentres os maiores estaban na piscina, chegaron pola porta Lilo e Stitch, cos que practicamos os seus bailes hawaianos e ademais ensináronnos a surfear cunhas tablas chulísimas que decoramos nós mesmas! E por se fora pouco, o mércores acudimos a unha obra de títeres onde coñecimos a historia de Luca, un monstro mariño que quería coñecer o mundo dos humanos pero rexeitábano por ser diferente e; despois de reflexionar entre todas sobre as distintas capacidades de cada persoa, quixemos poñernos na pel de persoas cegas e así comprobar as dificultades ás que se enfrontan día a día, así, quixemos saber como len contos e coñecemos o seu alfabeto…escribimos o noso nome en Braille, intentamos adiviñar qué animaliños había nunha caixa e apreciamos uns debuxos en relieve soamente a través do tacto e tamén,  coa axuda dun compañeiro, tivemos que poñer as partes dunha cara.

Hoxe, de forma inesperada chegou unha ola de frío…estaba Elsa chorando no seu castelo porque perdera as súas folerpas de neve… Rapidamente axudámosla a buscalas seguindo unha pistas misteriosas e, despois de percorrer un camiño de xeo a cegas, retratarnos para que a súa irmá Ana nos coñecese e recoñecer a través do oído as diferentes condicións meterolóxicas, rematamos cansadísimas pero moi nerviosas porque mañá espéranos unha festa de disfraces!

Queredes apuntarvos?