Coa chegada de setembro, na Escola Infantil do Milladoiro coñecimos a Berenguela, unha suuuuper viaxeira. Ela non viaxa na máquina do tempo, pero si viaxa ao redor do mundo escribindo libros das suas aventuras e do que aprende en cada viaxe. Estamos intentando dar a volta ao mundo en 7 días, conseguirémolo? De momento viaxamos por Londres, que coñecimos cousiñas importantes a través dun contiño no que nos movíamos polo patio vendo monumentos, fomos a Paris a participar nun desfile de modelos e convertirnos tamén en deseñadores de moda, fomos a Roma a facer pizzas italianas e a Atenas a coñecer a orixe das olimpiadas e a participar en distintos xogos gañando unha super medalla olímpica.