Para pechar a primeira quincena de xullo, as nenas e nenos máis maiores realizaron unha actividade de recopilación como recordatorio dos mellores momentos da escola de verán. Nesta actividades chamada “Verangram”, cada equipo rememoraba e escollía a súa actividade favorita de toda a quincena para plasmalo nun post de Instagram. Entre as dinámicas seleccionadas destacaron o “Cariñograma”, un buzón onde poder enviar mensaxes positivas entre compañeiras, compañeiros e monitoras; a saída á carballeira, onde construíron as súas cabanas e xogamos todos xuntos; a saída á piscina, onde disfrutamos dun marabilloso baño e do bo tempo; ou múltiples manualidades relacionadas co mundo celta como a creación dos nosos medallóns ou de amuletos e o deseño de símbolos celtas con elementos naturais.
Foi unha quincena marabillosa!
Ata a próxima!
Comentarios recentes