Mimadriña!! xa estamos a xoves e xa só queda un día para tachar no noso calendario o último día deste lúdico de xuño!
Temos tantas cousas que contarvos que non sabemos se nos colleran nestas liñas…
O venres pasado saltamos a fogueira de San Xoan tantas veces como quixemos pero sempre un número impar, como marca a tradición; tamén queimamos as sardiñas cos nosos desexos e cando chegamos o luns, atopamos unha chea de herbas e flores coas que preparamos a nosa tinalla con auga para lavar a cara ó día seguinte!!Que ben arrecendía!!
E a semana continuou con flores e auga…experimentamos cunha chea de sensacións, materiais e xogos: pintamos cadros con material de refugallo, desconxelamos flores, coloreamos e misturamos cores con contagotas e tamén utilizamos uns crebacabezas moi difíciles! E a maxia de San Xoan non nos abandonou, o mércores visitáronnos unhas meigas que viñan pedindo axuda para recuperar a forza dos poderes das súas vasoiras!! Entre todas construímos a nosa variña máxica e comprobamos o seu poder cambiándolla cor á auga, lendo as mentes, adiviñando a carta elixida por outro compañeiro, movendo obxectos sen tocalos… FLIPAMOS!!
E como non nos chegaron todas estas tradicións, decidimos coñecer qué se fai nesta data tan máxica noutros países; así pois, fixemos brazaletes de flores como en Bielorusia, bailamos e cantamos arredor da fogueira como en Suecia e Finlandia, saudamos ó sol e relaxámonos con ioga como fan en Nova York e tamén nos dou tempo a tocar diferentes ritmos con instrumentos caseiros coma en Bolivia!! Pasámolo pipa e aprendemos un montón!
Queredes que sigamos compartindo con vós todas as aventuras que estamos a vivir?! Non nos perdades a pista!
Comentarios recentes