Nesta escola olimpica non son todo xogos internacionais, fixemos unha gran xincana de xogos tradicionais, deses aos que xogaban as avoas e os avós. Deses cos que aínda xogamos, pero que co paso do tempo fomos deixando atrás.
Pero para esta gran xincana tivemos unha gran sorpresa! Veu a visitarnos un campión de aro dos anos 70!!! O Tuñas, famoso en Liñaio e en parroquias aledañas!!
Deunos unha gran lección de control do aro co pau, e ata competiu cas nenas e cos nenos, pero segue en plena forma, e por suposto que nos gañou.
Ademais de recordar o aro, xogamos cos trompos, a pase misí – pase misá, á petanca, bailamos ó son do corro da pataca… Eles disfrutaron un montón, pero as monitoras aínda podemos decir que un pouquiño máis!!!
Comentarios recentes