No setembro lúdico os nenos e nenas dos diferentes centros analizaron en profundidade a arquitectura das súas contornas.
Falaron sobre ela, e poidemos comprobar en primeira persoa as múltiples barreiras que dificultan a movilidade no día a día.
Por iso nos propuxemos deseñar a vila dos nosos soños!!
Construiron, con material de refugallo, vivendas de todo tipo; tendas de campaña, edificios, cabanas; non faltaron servizos básicos como un colexio, un hospital ou un supermercado; por suposto na súa vila non faltou detalle para os momentos de lecer; columpios, areeiros, tirolina, parque acuático… e todo elo coas máis innovadoras infraestruccuras para acabar coas barreiras arquitectónicas e conseguir unha vila accesible para todos e todas.
Comentarios recentes