No día de hoxe os nenos e nenas da escola de educación Infantil do milladoiro chegaron moi emocionados polo que acontecera estes días nas súas casas. Aproveitamos para falar de todas as persoas que se xuntaran nas nosas casas, nais, pais, tíos e tías, primos e primas e avós e avoas, sendo estes últimos os protagonistas do día de hoxe. Comezamos contando o conto “Avós”, onde se incidía sobre o paso do tempo no noso corpo, a beleza que se agocha detrás desos cambios e que pese a iso, non perdían as ganas de saír a bailar.
Con todo isto, ocorréusenos a idea de agasallar aos avós e avoas da nosa vila, que pode que estén sos nestas datas, para amosarlles o agarimo que sentimos por eles. As monitoras axudáronnos a escribir unha carta, pintamos debuxos que nos quedaron chulísimos, fixemos unhas bolas de nadal con pintura máxica e pintamos uns rolos de papel hixénico cos que fixemos estreliñas para que coloquen tamén nas súas árbores, aínda que só nos deu tempo a preparar unhas pouquiñas, aínda nos queda traballo para mañá rematar de montar estrelas e acabar de preparar a caixiña.
Comentarios recentes