Ola olaaa! Dende a última vez que tivestedes noticias nosas pasaron mooooitas aventuras. A máquina do tempo non parou de funcionar!! Visitounos Brétema, unha celta que nos ensinou o seu alfabeto co que descubrimos unha mensaxe secreta e LEVOUNOS DE EXCURSIÓN!!! Ao día seguinte Brusilda e Alana viñeron para ensinarnos como son os castros e para facer os nosos amuletos con pasta de sal. As intrépidas castrexas quedaron a coñecer esta época e encargáronlle as nosas monitoras que nos ensinaran distintas habilidades que eran fundamentais na súa época como a agricultura a caza e a pesca. Recollimos a nosa colleita, creamos un horto na pizarra, practicamos puntería e fixemos un circuito con temática mariñeira. Ao día seguinte, na máquina do tempo, só había unha cadeira, un anaco de cartón cunha pista e unha voz misteriosa. Era Galia, que nos traía uns amuletos das súas viaxes polo mundo pero, sen saber como, Galia rematou en Ventín e os amuletos espallados polo cole, atopámolos todos e aprendimos moitas cousas sobre eles! Tamén pintamos os amuletos que fixeramos o outro día, pois xa estaban secos. Hoxe na máquina do tempo só apareceu un tubiño estraño e un bastón! O tubiño tiña unha historia sobre un ser da mitoloxía celta, experto ferreiro! E un bastón de druída. Fixemos uns escudos, pócemas para poder atravesar paredes, para que non nos ulisen os sobacos… e tamén aprendimos un pouco sobre a historia da Torre de Hércules, a súa orixe, quen foi Breogán… intentamos construír unha torre cos bloques de psicomotricidade mentres nos defendíamos do ataque inimigo cos nosos escudos! E ata aquí podemos contar, estamos desexando saber que pasará mañá!!
Unha semana do máis castrexa
Xul 11, 2024 | Actividades, EEI O Milladoiro, Escola de verán, Infantil | 0 comments
Comentarios recentes