Hoxe comezamos na EEI a Primavera lúdica. Recibimos a visita de Aldara, unha artivista, contounos un pouco sobre a súa profesión e en que consistía iso do artivismo. 

Para coñecernos mellor propúxonos pintar o noso autorretrato mentres nos mirabamos ao espello. 

Logo da merenda, relacionado co consumo responsable, falamos sobre os materiais que usamos para pintar. A artivista que nos visitou contounos que ela a veces PINTA USANDO PEDRAS. Ensinounos que mollando 2 pedras e frotando obtíñamos pigmentos de diferentes cores. 

Antes de ir comer movimos un pouco o esquelete con música para bailar, aros cos que fixemos diferentes circuítos e unha goma para saltar. 

Son pouquiños días pero parece que imos facer un montón de cousas divertidas!!!!!!