Como vos viñemos contando con anterioridade; nesta primavera lúdica dedicámonos a explorar, aprender e coñecer a ARTE! co concepto novidoso do artivismo, onde puidemos comprobar que a través das actividades artísticas podemos loitar contra as inxustizas e mandar mensaxes que conciencien ao mundo.

Despedímonos deste lúdico da mellor das maneiras; ofrecendo espazos de reflexión onde os nenos e nenas poidan canalizar a súa sabedoría a través das diferentes expresións artísticas.

Por parte da empresa, decir, que é o último lúdico do que se encarga Ágora Aberta, e non queríamos despedirnos sen dar UN GRAZAS ENORME ás familias, pero sobre todo GRAZAS DE CORAZÓN a todas as nenas e nenos que participaron nas diferentes temáticas ao longo de tantos anos.

Por unha infancia libre de etiquetas e participativa na comunidade!! A SEGUIR SOÑANDO!!