Xa estamos na conta atrás da fin deste máxico lúdico de Nadal, no que a rapazada tivo a oportunidade de crear soñando mundos extraordinarios cos que poder expandir esa enorme imaxinación que impregna a súa esencia!!!

Pois ben, os cativos de Infantil nesta semana puideron experimentar coa creación de historias en diferentes formatos, un foi a través da Caixiña Máxica e outro está sendo a de vivenciar en grupo unha pequena curtometraxe creado polas crianzas coa axuda dos “dados creativos”.

Pero é que ademais diso as crianzas emprenderon unha aventura da búsqueda da chave perdida con toda unha serie de xogos de pistas. E para iso contaron coa axuda de Primaria.

E como non, fixemos unha visita ás SS MM. Os Reis Magos de Oriente, e para aproveitar a ocasión levamos un feixiño coas cartas das nosas nenas e nenos onde expuxeron as súas inquedanzas e bos desexos.