Outra semana máis que vos vimos contar o que fixemos nestes días! O venres visitounos unha nena moi colorida e alegre, pero un señor malvado quitoulle as cores e a alegría. Todas xuntas buscamos as pezas perdidas de cores e devolvímoslle a cor a unha imaxe súa para que recordara como era antes. A semana comezámola cunha bandexiña azul na que apareceron unhas tarxetas e uns dinosauros!!! Vimos que había dinosauros sen parella e tarxetas ás que lle faltaban dinosauros, buscamos e atopamos uns ovos, convertémonos en paleontólogos para examinalos, neles APARECERON DINOSAUROS!!!! Logo fixemos uns debuxiños e metímolos dentro duns minioviños para levar para casa. O martes vimos o conto de Malaika, a historia dunha nena que descobre o segredo das árbores baobab, todas xuntas pintamos flores para pegarllas á nosa árbore baobab, as flores destas árbores medran NAS RAÍCES!!! O mércores contáronnos o conto de Mara e construímos atrapasoños, no momento do patio botamos carreiras co xogo do semáforo. E chegou o último día de agosto e….da escola de verán,e fixemos un montón de talleres. empregando materiais de refugallo fixemos maracas,pulseiras, plastilina e debuxos usando unha técnica de estampación chulísima! A escola de verán remata,pero aínda nos queda o setembro lúdico para divertirnos e facer máis cousiñas,a próxima semana contaremosvos como nos foi nesta semaniña que nos queda .