Inspiradas na obra “Entroido dos Animais” (“Le carnaval des animaux”) do compositor romántico Camille Saint-Saëns, levamos varios días traballando na creación das nosas propias obras. Elaboramos o escenario, os disfraces, o guión… por falta de tempo, non puidemos compor as nosas propias músicas, pero fomos quen de representar os diferentes modos de vida do mundo animal, así como as ameazas ás que estes se ven sometidos (contaminación, tala masiva, caza…) con moito sentido do humor.
Seguindo coas animaladas e entroidadas, hoxe tamén recreamos a saída do oso de Salcedo, da súa oseira, despois dun longo tempo de hibernación… Acabamos cheíñas de feluxe!
Comentarios recentes