Neste xuño lúdico o prestixioso e fantástico Circo de Ames volve a casa, está pasando por un mal momento, por diferentes motivos, os e as súas artistas teñen dificultades cos seus espectáculos e precisan a axuda da rapazada para poñelo outra vez no lugar onde merece.
Durante este período, os rapaces e rapazas irán descubrindo/coñecendo cada día nov@s personaxes do circo, que intentarán explicarlles o problema concreto co seu número/actuación. A partir de cada situación preténdese ir traballando diferentes valores e habilidades importantes para o presente e o futuro da sociedade, partindo do respecto como eixo sobre o que xiran todas as actividades. Así, se irán traballando o respecto polo medio ambiente (a importancia das tres R: reciclaxe, reutilización e redución), pola diversidade, a cooperación, a igualdade de xénero, os coidados (aos demais e a si mesm@s), todo tipo de emocións…
TRAPECISTAS (COOPERACIÓN)
A parella de trapecistas que hai tempo non son quen de facer nigún espectáculo ben e é que non se entenden, están a pasar un mal momento porque comparten vivenda e un deles non realiza ningunha tarefa da casa. A falta de cooperación nos diferentes ámbitos da súa vida afecta sen dúbida á calidade do show, polo que teñen que aprender a traballar de xeito máis cooperativo.
COELLO (MEDIO AMBIENTE)
Envía unha carta á rapazada porque quere escapar da maga porque non lle gusta estar atrapado en todas as actuacións e ademáis, ao estar agochado, ve que todo o mundo tira as cousas ao chan durante o espectáculo e non pode quedar sen facer nada, pero precisa a nosa axuda.
FORZUDA (XÉNERO)
A forzuda tampouco está contenta… leva case dende que empezou a traballar recibindo comentarios do estilo “Onde está o forzudo? Como pode ser que sexa unha muller a que estea así de forte?” Sente que non valoran o seu traballo e a ela por ter esa habilidade.
MALABARISTA (MANUALIDADES e IOGA)
Oh oh… A malabarista perdeu a súa habilidade para facer as pelotas/aros, ultimamente non deixa de romperse todo o que fai, e non atopa o problema. Será que non conecta co seu número?
PALLASO (EMOCIÓNS)
O pallaso non está ben, leva tanto tempo imitando emocións e representando o que a xente lle pide que non é quen de identificar as súas, precisa un intre para reconectar con el mesmo e dedicarse tempo.
Comentarios recentes