Chegou agosto e con el moitas amigas e aventuras…sen ir máis lonxe, o martes apareceu pola porta o mismísimo Xeneral Li buscando nenos fortes e valentes para salvar ó seu pobo… Mulán escoitouno e quixo ir con el pero este repetiulle que solo buscaba nenos, coa falsa crenza de que as nenas non son fortes nin áxiles, nin rápidas, así que,  deixámolo coa boca aberta levantando unha pedra moi pesada, lanzando frechas, escalando unha montaña moi perigosa, atravesando un campo de minas, cruzando un río con pedras resbaladizas e pescando peixes…demostrándolle que todos somos iguais, nenos e nenas. 

O dragón Mushu que tamén acompañaba a Mulán, ensinounos a maxia do lume!! Vós sabíades que non ten sombra?? Nós alucinamos!! E tamén fixemos o noso propio proxector de sombras para xogar con el! E ata nos deu tempo a facer un concurso de preguntas onde descubrimos que coñecemos moooitas cousas de moitas películas!!

Ó día seguinte apareceu o Señor Potato que nos ensinou o seu primeiro filme onde debutou como actor profesional e tamén nos axudou a facer unha pulseira da amizade coa que despois fixemos un amigo invisible! Ademais perseguimos aros ó ritmo da música…E cando estábamos xogando esta mañá no patio, apareceron Vaiana e Maui contándonos a historia da súa aldea e o amor e respecto que lle teñen á natureza! Como non podía ser doutra maneira axudámoslle a rescatar animaliños que estaban atrapados entre os lixos que tira a xente ó mar e tamén nos ensinaron a facer o noso amuleto cunha pedra preciosa: o corazón da Nai Natureza; igual de chulo que o que leva a nosa amiga Vaiana! Pasámolo xenial e rematamos o día cun experimento moi guai onde, nunha auga moi sucia, metendo un vaso, este convertíase nunha especie de lupa e descubríamos moitas das personaxes que nos viñeron visitar estes días!!