Neste lúdico estamos a descubrir que, a arte en todas as súas expresións é un medio moi válido para facer reivindicacións. Así, ao mesmo tempo que desenvolvemos a nosa creatividade, podemos visibilizar diferentes inxustizas que atopamos na nosa sociedade actual.
Hoxe estivemos reflexionando sobre o que se pode lograr a través do activismo e fixemos unha actividade na que tratábamos de transformar os pensamentos en arte. Así, debuxamos o antes e o despois de diferentes situacións. Por exemplo, un mar con e sen contaminación ou nenos e nenas traballando fronte aqueles e aquelas que están xogando, compartindo e aprendendo.
Quedounos moi claro cales das situacións nos parecen máis xustas… mentres lles seguimos dando aos miolos, só queda desexarvos que desfrutedes moito da ponte…. Vémonos luns!!!
Comentarios recentes