Esta semana dedicámonos a traballar xuntos. Primeiro fixemos arte con pompas e, aínda que ao principio parecía unha tarefa fácil, tivemos que sentarnos como equipo e apoiarnos os uns aos outros para así poder colleitar a maior cantidade posible de pompas no noso lenzo.
Despois tivemos unha busca do tesouro para aprender un pouco máis sobre os Xogos Olímpicos, cada aro tiña unha pregunta e debiamos achar a resposta que estaba agochada no patio; xuntos organizámonos para poder atopalas e así ter todas as respostas de cada aro, aprendemos tamén cousas importantes sobre os xogos como cando se celebraron por primeira vez ou cantos deportes hai nesta edición. Sen dúbida, xuntos divertímonos e aprendemos máis!
Comentarios recentes