Estas olimpíadas están sacando o mellor de nós. Descubrimos talentos a cada paso. Hai a quen se lle dan ben os xogos de puntería, hai a quen se lle dan ben os xogos de forza, de axilidade… Descubrimos que hai tamén nenas e nenos que se lle dá ben animar e alentar os compañeiros e compañeiras, e que case son tan importantes coma os propios atletas!! 

O que sabemos é que é primordial entrenar moito e non deixar de intentalo, loitar polo que un quere sen desanimarse, e que o importante é gozar do momento e xogar cos demais.

Cada día estamos coñecendo xogos novos para decidir a qué categoría nos imos presentar cada un. Xogamos co arco e a frecha, a baloncesto, rugby, fixemos pesas, esquiamos, boxeamos e ata fixemos salto de lonxitude.

Estaremos a tempo de chegar a Toquio???