Hoxe é o último día, e como tal, fixemos un balance de todo o traballado durante estes seis días. A través do conto de “Elmer” falamos das diversidades do grupo, entre todas e todos decoramos un pequeno elefantiño de cores. Elexindo a cor que nos apetecía utilizar.
Tamén para reforzar as emocións levamos diversas actividades a cabo proxectadas a través da arte en conexión coa música traballando deste xeito a autoestima, autoconcepto e sobre todo a empatía.
Isto creou unha gran familia e quedamos todas e todos con ganas de máis.
Vémonos no próximo lúdico. Moitas grazas familias!!!
Comentarios recentes