Boas familias!
Xa rematou a escola, deixamos atrás as clases e a rutina para celebrar este cambio de estación. Xuntámonos na Maia para facer un montón de xogos, coñecer novos compañeiros e compañeiras, e volver a ver caras coñecidas.
Aproveitando a celebración de San Xoan, e festexar o solsticio fixemos unha pista rastrexo buscando todas as herbas relacionadas con esta noite máxica.
Romeu, estalotes, fento, fiuncho, malva, milfollas, xesta e a propia herba de San Xoán estaban agochadas e tivemos que explorar para atopalas, coñecendo máis sobre esta tradición tan querida dun xeito divertido!
Seguiremos informando das nosas aventuras do verán!
Comentarios recentes