Esta semana na Maía, as nenas e nenos tivemos a visita do mítico presentador Jordi Hurtado para gravar un episodio do concurso Saber e gañar. Divertímonos moito replicando as probas deste concurso veterano da televisión que cumpre un cuarto de século. Co nivel que temos na Maia superamos con éxito a “batería de sabias”, “a calculadora humana”, e adiviñamos moitas cancións en “última chamada”. Como non vai ser todo concursar, tivemos a oportunidade de reforzar na nosa empatía e intelixencia emocional ca dinámica “Trátame así”, na que puidemos ver como inflúe o noso comportamento nos demais. Remata agosto e deixamos atrás os nosos días de piscina, as saídas o parque e tantísimos momentos de xogo que compartimos!