Esta semana seguimos recibindo cartas da nosa amiga, Marga Polo. Achegámonos ás lonxanas terras de Oceanía e Oriente, descubrindo tradicións, paisaxes e costumes moi diferentes ás nosas.

Ao mesmo tempo, estamos a preparar unha obra de teatro para representala ante ás compañeiras e compañeiros de infantil, elaborando nós o teatriño, os monicreques, mais o guión. 

Tamén combatemos o frío con moitos xogos cooperativos onde ,ademais de entrar en calor, facemos equipa e coñecémonos mellor.