Na xornada de hoxe os grupos 1 e 2 de primaria da Maía realizaron unha actividade de risoterapia cuxo obxectivo consistiu nunha presentaciòn inventada por parellas, utilizando para elo tanto a linguaxe verbal como xestual de carácter cómico, e na cal remataron sempre cunha votación grupal respecto de si a información transmitida era verdade ou mentira. A actividade resultou moi enriquecedora xa que, ademais de proporcionarlles un bo rato de divertimento, favoreceu a cohesión grupal e o coñecemento entre os cativos e cativas, dando pé ao desenvolvemento nas vindeiras xornadas doutro tipo de actividades de carácter máis cooperativo.
Por outra banda, de maneira complementaria leváronse a cabo outras actividades lúdico-educativas como “terra, mar e aire”, “os catro currunchos” ou “a festa”.
Seguiremos informando!
Comentarios recentes