Hoxe é o último día e, os pequenos e pequenas de infantil continuaron estes días a coñecer o Nadal polo mundo con Marga Polo e, imosvos amosar dous dos obradoiros que fixeron estes últimos días; Por un lado, un retrato de “Befana” a meiga que trae agasallos e doces en Italia e, por outro lado, un mural no que crearon un conto viñeta para Marga Polo sobre o Nadal: “Unha misión por Nadal” no que o protagonista “Alex” atopou unha caixa con agasallos e unha misión: a de repartirllos aos nenos e nenas que están no hospital e polo mundo, para que podían disfrutar da máximo do Nadal estén o de estén.

Nas fotos tamén podedes ver a decoración que fixemos para celebrar o noso fin de ano particular (sen dúbida un dos días máis divertidos).

Con todo, remata aquí un Nadal lúdico cheo de emocións no que os nosos cativos disfrutaron, aprenderon e algún a incluso viviu as campanadas por primera vez!! Esperamos vervos pronto!

Bo fin de Nadal e Feliz Noite de Reis dende A Maia!