Esta semana tocou investigar a nosa contorna natural, para iso decidimos facer unha saída didáctica e coñecer as árbores que nos rodean. Fomos collendo información destas coa axuda dos carteis informativos que hai, e usamos unha app que tan só con darlle información ou sacar unha foto da folla, xa nos di que tipo de árbore estamos a ver. Collimos todos eses datos para así coñecer algo máis sobre as árbores que nos rodean, tanto as súas características (unha das que máis lles interesou foi a de se as podían comer sen intoxicarse) coma tamén a súa procedencia.
Recolectando follas
Xul 13, 2022 | A Maía, Actividades, Escola de verán | 0 comments
Comentarios recentes