Unha das actividades que propuxemos para esta quenda en Ventín, foi unha xincana na que cada unha de nós formaba parte dunha cuadrilla de recollida do lixo. Cada equipo tiña a misión de apañar un tipo concreto de residuo dos espallados polo centro. Para iso cada un deles debía seguir unha ruta previamente definida nun plano. A orientación e o traballo en equipo foron fundamentais para resolver con éxito cadansúa ruta coa súa correspondente clasificación dos residuos. 

Clasificar e separar correctamente o noso lixo é unha das solucións máis simples e efectivas que podemos facer cada unha de nós para contribuír a reverter os efectos do desenvolvemento descontrolado. Compromisos aparentemente pequenos que nos axudan a ter un Planeta máis san.