Ao longo desta semana estivemos aprendendo recursos básicos de orientación na natureza para poñer en práctica nas saídas que adoitamos facer preto da escola de Ventín. Tamén aprendemos a facer compases caseiros e a interpretar o mapa do noso centro a través dun xogo de orientación no que había que andar ben espelido para detectar os erros. 

Ademais puxémonos creativas decorando as pedras que apañamos para construír as nosas propias historias mediante un storytelling.