Entre dentada e dentada de orellas e filloas, volvémonos reunir no cole da Maía para festexar. Desta volta estamos a coñecer máis sobre a biodiversidade, características especiais e os problemas que atopan para sobrevivir. Aproveitando as raiolas deste mes de febreiro, fixemos unha búsqueda do tesouro cooperativa, tamén estamos a darlle duro aos miolos para representar unha obra de teatro feita dende o principio por nós: texto, vestiario, música, decorado etc. Desfrutamos de contos como “Bichos” e “Salvemos os humidais”, bailamos os temazos do Entroido e cantamos en lingua de signos a canción “Animais”.