Ola a todos e a todas!!! Xa estamos de volta pero hoxe falamos dende o cole de Ventín!!! Estamos moi contentas de estar aquí… é enorme e, aínda por riba, é ó que van ós maiores, estamos flipando!!!
Onte comezamos esta aventura chea de sorpresas xa que veu unha súper deportista: unha xogadora profesional do baloncesto, María Conde!!! Contounos moitas cousas: que xoga na selección española e viaxa por todo o mundo, que gañou unha medalla de ouro e outra de prata e tamén nos contou que todo o mundo pode facer deporte, tanto mulleres coma homes porque antigamente isto non era así, non non, xa polo feito de ser muller non podías competir. Isto pareceunos unha inxustiza polo que decidimos demostrar que todos e todas podemos practicar deporte. Logo, fixemos un circuíto de quentamento como o que fan elas no seu equipo! E despois de merendar xogamos ó basket-pano, pasámolo pipa!
Hoxe María Conde volveu con sorpresas! Primeiro resolvemos adiviñas e tivemos que atopar todas as respostas, escondidas polo pabellón xa que nos tiña preparada unha canción con lingua de signos con todos estes elementos. Despois deixounos dúas imaxes de dúas amigas súas, deportistas paraolímpicas, Susana Rodríguez e Cassie Mitchell . A primeira, compite en triatlón e a segunda en ciclismo. Susana ten discapacidade visual e Cassie está nunha cadeira de rodas. Falando disto e de como estas profesionais poden practicar deporte, quixemos comprobar se o cole de Ventín era inclusivo e podía vir xente en cadeira de rodas polo que fomos de excursión! Comprobamos que había moitas escaleiras pero tamén rampas, polo que démoslle ó dediño para riba a Ventín!! 👍🏼
Tamén reflexionamos sobre a importancia de adestrar a mente e fixemos unha chea de xoguiños nos que había que estar moi concentrados!
Comentarios recentes