Unha semana máis por Ventín estamos traballando un montón sobre as emocións, e dándolle a importancia que se merece a esas persoas marabillosas que nos rodean no noso día a día: eses familiares e amigos/as que son indispensables no noso día a día, os que sen eles e a súa presenza nas nosas vidas, non seríamos o que somos.

Para darlle ese valor fixemos un mural en común onde están debuxadas todas e cada unha desas persoas. Esas persoas que nos fan máis felices, que nos demostran no día a día o seu amor, e nos fan sentir emocións moi positivas.

Gústavos o noso mural? Pois seguro que se escoitárades como os nenos e nenas presentaban a súa persoa marabillosa a mais de un caeríalle a baba de alegría!! 🙂