Boas de novo!! xa estamos outra vez por aquí! Comezando esta nova quincena con máis ganas que nunca, e desfrutando destes dias de sol e pisci que nos veñen.
Os nosos nenos e nenas da Maía están implicadísimos nas novas actividades que temos preparadas!! E aquí vos deixamos un gran exemplo. Por grupos, os nosos cativiños e cativiñas crearon a súa propia ovella despois de ler o conto “O RABAÑO”. Un conto sobre saírse do establecido que ás veces, non nos vén nada mal.
Nestes grupos, cada participante aportaba as súas ideas para crear a ovelliña, tendo en conta o material: algodón, tapóns de plástico, pelotas de gomaespuma e botóns.
De ahí sacaron estas grandes ideas e despois, en conxunto, ían explicando o nome das súas ovellas e as características de cada unha.
Vémonos a semana que vén, con máis cousas que contar e por suposto, prantiñas que seguir coidando no cole, como vos mostramos a continuación.
Apertas!!!
Comentarios recentes