Na Maía dámoslle a benvida a setembro mergullados na alegría de que nos reciba a choiva. Vennos que nin pintado, xa que a temática destes días é a auga. Descubriremos a súa importancia a través dos nosos sentidos, mediante contos, cancións, xogos, actividades científicas e moitas cousas máis.
Comezamos lendo un conto titulado “Os nenos da chuvia” de Angèles Delaunois, no que vimos qué significa a auga para as crianzas dependendo do lugar onde lles tocou nacer, o que nos serviu de inspiración para facer noso mural do que significa a auga para nós.
Regamos toda esta diversión coa canción “Auga” de Manolo García, na que tamén se fala do necesaria que é ésta para as nosas vidas.
Seguiremos argallando cousiñas ate que comece de novo o cole, este é o mellor entrenamento para a volta a rutina.
Apertas!
Comentarios recentes