Boas familias!!

Neste martes de entroido seguimos de festa, celebrando estas datas tan coloridas e bailongas!!

Neste lúdico estamos a facerlle un tributo á vida no rural e á aldea. Sen perder as tradicións do entroido…non podíamos deixar de facer o noso meco, aquí vos mostramos o de infantil da Maía que primeiro cada cativo e cada cativa fixo o seu esbozo, e despois de poñelo todo en común decidiron facer unha mezcla de todos os debuxos que tiñan…xa que elixir…era moi complicado entre tantos artistas! E para iso, plasmaron toda a súa arte un gran papel continuo, na silueta do meco deixaron fluír un montón de cores, debuxaron distintas bandeiras, unha morea de ortigas… e o máis importante, puxéronlle un nome….ANTÓN PIÑÓN! 

Por outra banda, as crianzas de primaria….estamos moi traballadoras! Invitámosvos a coñecer a nosa aldea aprticular, PONTE DASBALL, coas súas regueifas fachendosas e o seu MECO BABECO que viste coas creacións cheas de intencións!! Ai la la la ra la le lo, ai la,la,la!! 🎶