A nosa espera mereceu a pena…esta semana chegou a gran Marga Polo, a que tanto tempo levamos esperando, xa que non nos visitaba dende Nadal pero, esta vez veu acompañada pola a súa amiga a Pirata Viaxeira Metepata!! Contáronnos moitíííísimas aventuras: lugares polos que viaxaron, costumes e tradicións do verán… Flipamos!!! E como nós tamén queríamos viaxar con elas e saber cómo se vive o verán polo mundo adiante, tivemos que facer uns pasaportes para poder acompañalas e así, poder coñercer un montón de curiosidades: a busca das sete flores para ter boa sorte e o pau da festa de Midsommar en Suecia, que decoraban con elementos da natureza para bailar e cantar ó seu redor músicas populares; a busca de ouro nos ríos de Alaska, a elaboración de abanos e perfumes en China… e a través de diferentes formas tamén coñecemos un montón de peculiaridades de Finlandia (rompendo xeo e vendo como se derretía co sol; construíndo castelos de area coma en Lappeenranta e atrapando lúas e soles nun circuíto moi difícil) que nos contou a Lúa que chegou moi triste dende este país porque no verán non pode saír xa que sempre está o sol!
Ademais de todo isto, Marga tamén nos deixou uns xoguiños con material de refugallo, para esas tardes de verán que estemos aburridos…pasámolo pipa creando un mural do océano con animaliños de goma eva, facendo colares e pulseras con cachiños de palliñas de cartón e tamén encestando pelotas e aros simulando as atraccións das feiras…
O noso pasaporte xa está medio cheo cos sellos de tantos países…estamos a vivir un montón de emocións e experiencias súper guais, queredes que vos sigamos mantendo ó día?
Comentarios recentes