Nesta quenda elaboramos o noso inventario de animais, as cativas e cativos realizaron de forma colaborativa unha investigación, para posteriormente deseñar fichas de animais con datos chave, liberando tamén a súa creatividade a través do debuxo. Finalmente compartimos as nosas creacións co grupo e encadernamos o resultado final. As “fichas” son extraibles e desta forma realizamos actividades para establecer as relacions entre os seres vivos rexistrados, incidindo na súa posición e función na cadea trófica.