Aínda que esta semana tivemos un día libre, non vos pensedes que non temos cousas que contarvos porque aquí: Non paramooos!!!
Marga Polo volveu directamente de Laponia para traerlle ás nenas e nenos unha nota de Papá Noel e tamén unha foto para demostrar que son amigos de verdade! Como o seu voo fixo escala en Grecia, trouxo á súa amiga Atenea coa que fomos de excursión ó Monte Olympo como fan no seu país, para recibir o verán e alí, recolectamos fieitos como en Polonia para traer a boa sorte e tamén xogamos ao “Pauciño Mantequilleiro” como en Venezuela. Ademais cuñamos os nosos pasaportes para acreditar todas as nosas viaxes aos distintos países que levamos percorridos durante esta quincena!
Convertémonos nunhas verdadeiras agricultoras porque ademais dos fietos, tamén recolectamos pipas, duns xirasois xiganteees! E plantamos as nosas propias lentellas nunha maceta moi curiosa que en realidade non era maceta senón unha bolsiña e tampouco tiña terra senón algodóns…e que saibades que xa saíron os primeiros brotes…estamos flipando!!
Como houbo algún día que apretou o calor, algúns disfrutaron da piscina e o resto de xoguiños de auga!! Mollándose con esponxas e lanzando auga por cadros de diferentes formas!!
E case rematando a semana, Marga Polo volveu acompañada dunha señoriña moi maior pero esta vez andivo percorrendo o mellor dos países…O Noso!! E a velliña Maruxa tróuxonos unha morea de xogos ós que xogaba ela de pequena…a petanca, o aro, o lanzamento de pedra, o trompo (que levamos para a nosa casa), a mariola, o futbolín (pero este era humano, facíamolo nós) e tamén pintamos e decoramos cunchiñas que nos quedaron chulísimas!!
Estamos disfrutando e aprendendo un montón! Queredes seguir acompañándonos?
Comentarios recentes