Boas a todas e todos!

Debido á gran demanda que había nos nenos e nenas de Ventín, decidimos relacionar a temática de Momo e do seu poder, a escoita activa, co Nadal. Polo que fixemos diversas actividades relacionadas con ambas temáticas.

Por un lado, propuxemos facer unha acción positiva que quedaría reflictida ao día seguinte nun papel (cariñograma), que se leerá ao final do lúdico.

Por outro, para explicarlles dunha maneira máis dinámica o que é a escoita activa realizamos un comecocos no que se recollían os seus elementos.

Seguiremos adentrándonos no mundo de Momo e os seus amigos e amigas!