Nesta nova quenda as nenas e nenos da Escola de Verán de Ventín estamos a investigar sobre o patrimonio arqueolóxico do noso Concello.

Antes de comezar a coñecer o patrimonio que nos rodea, formamos o noso clan castrexo: “O clan dos caracois”. Creamos o noso escudo, o noso propio alfabeto e ata a lenda do noso clan!! Deste xeito tamén axudamos a crear sentimento de grupo, e para a próxima semana agárdannos grandes actividades en relación ao noso clan.