Como actividade de presentación en Ventín fixemos un mural do noso lugar favorito: cada neno e nena tiñan que pensar no seu lugar favorito do mundo, aquel lugar que os fai sentir en paz e no que se sinten ben.

Neste mural fixeron verdadeiras obras de arte cargadas de emocións: as casas dos avós compartidas con primos e tíos, lugares de vacacións disfrutadas cos pais e nais, a praia, lugares dende onde se ven as estrelas, etc…

Os nenos e nenas disfrutaron moito debuxando ese lugar, e sobre todo contándolle aos seus compañeiros/as porque era tan especial ese lugar para eles.

Aínda nos quedan días de lúdico cheos de diversión e creatividade, que de seguro disfrutaremos un montón ao mesmo tempo que cargaremos pilas para a volta ao cole.