Hoxe vimos a presentarvos o noso emocionómetro, que comezamos o pasado luns 21 de agosto e no que día a día imos marcando que emoción foi a que mais recordamos dese día: alegría, tristeza, cansancio, enfado ou aburrimento. Ao final da quenda na cuadrícula verase a cor que mais predomina no noso grupo.
Ademais, botamos unhas partidas a un xogo creado por antigos asistentes á Escola de Verán de outros anos: o gran xogo da oca das emocións. Un xogo da oca no que se traballa o tema que estamos tratando este verán, de formato grande onde os nenos e nenas eran as fichas da oca. Encantounos xogar e aprender cousas novas sobre o gran mundo das emocións.
Ao final do día de hoxe, martes 22, fixemos un xogo de pistas na Carballeira dos Trasnos para aprender a recoñecer diferentes emocións, entre as que estaban a tenrura, o amor, a ira ou a admiración. Pasámolo xenial buscando as definicións entre os carballos e os fentos!!
Comentarios recentes