Xa está aquí a nosa Primavera Lúdica da Maía!! E temos o pracer de compartir con vós as grandes dotes artivistas do presente que loitarán polo cambio do futuro! Queredes compartir con nós os resultados? Pois velaquí tendes un pequeno adianto!!

Nesta ocasión presentámosvos a actividade realizada “O muro das identidades” . Con esta actividade traballouse a importancia de pensar sobre si mesmo, que nos gusta, que se nos da ben, que cousas debemos mellorar, con que nos identificamos, cales son os nosos valores… Para elo, propúxose a cada participante que realizaran a través da técnica do collage unha “autocomposición” onde fosen libres de expresar o que quixeran. Ademais podían imaxinar un nome artístico, ou un lema que lles fixera resoar. Participación máxima e resultados incríbles. Seguiremos desfrutando!!

Comentarios recentes