Xa estamos arrancando coa escola de verán, e coma sempre, os cativos e cativas da Maía xa o están dando todo. Preparados para unha quincena inesquezible onde primará a diversión, o xogo e as novas experiencias.

Ata o de agora, estamos divertíndonos coas emocións xa que é unha das cousas máis importantes nas vidas dos pequenos e pequenas, e algo que tamén nos acompaña na vida adulta.

Entre moitas das actividades resaltamos a mellor de todas, a que máis triunfou: o mural das emocións. Pero non é un mural calquera, neste plasmaban as cores coas mans e cos pés ao ritmo do que a música lles transmitise.

Tamén estamos de cheo na creación dun libro das emocións onde cada mañá lemos un conto e debuxamos o que sentimos sobre a mesma.

E ata aquí por agora, vémonos moi moi pronto!!