Ai, ai, ai, que estreamos un ano novo e con el moitas aventuras divertidísimas!!

Marga Polo andivo moi atarefada e para hoxe tiñanos preparada unha sorpresa que nos encantou!!

Trala asemblea, onde nos contamos como pasamos a noitevella e canto nos gustaron os desexos bonitos que nos escribiron as monitoras para ler despois das badaladas, decatámonos de que había un cofre que contiña  unha carta e uns códigos QR secretos cos que descubrimos moitas tradicións de Nadal doutros países. Para coñecelas tíñamos que superar unhas probas/xogos moi dífíciles: recolectamos caramelos para a Bruxa Befana, emparellamos calcetíns que nos deixou Marga do Reuno Unido, pescamos peixes de Polonia, quitamos os zapatos como no Brasil e xogamos con eles e trouxemos un cachiño de praia australiana, xogando a terra, mar e aire. E por se fose pouco, tamén trouxemos o Sol, decatástesvos? Canto o botabamos de menos!! Por fin puidemos xogar ao solleiro! E abrir a caixiña máxica dos xogos!

Hoxe foi un día de grandes emocións!! Que nos deparará o resto da semana…?!