Esta semana profundizamos nas Olimpíadas da Maía, fixemos o noso memory cos deportes olímpicos inclusivos, deportes en equipo, carreiras de relevos, circuíto… etc.
Como bos científicos experimentamos diversas formas de facer un volcán, e xogando coa auga, descubrimos debuxos máxicos.
Rematamos o noso adestramento semanal cunha saída ao monte, onde descubrimos as cabanas da Besta Rouba Merendas, poñendo moito ollo ás nosas mochilas, aproveitamos a ocasión para practicar as nosas habilidades no tiro con arco. Imos descansar toda a fin de semana para comezar con moita máis enerxía unha nova semana chea de sorpresas.
Comentarios recentes