Comezamos o lúdico de setembro con moita ilusión, os rapaces e rapazas contáronnos todo o que fixeron no verán e todas as súas inquedanzas para o novo curso, que para moitos deles este è o seu último lúdico xa que por idade pasan ao instituto, faremos que sexa unha experiencia memorable para que se leven un recordo cargado de apredizaxe e diversión.
A través de xogos cooperativos vivenciamos as diferentes capacidades que temos todos e cómo somos capaces de estar todas e todos incluídos nunha actividade, traballo ou proxecto, cada persoa aportando dende a súa particularidade. Agora entendemos mellor o que significa incluír a persoas con diferentes características ou capacidades na nosa cotidineidade. Tamén sabemos que para algunhas persoas, as limitacións físicas para moverse, poden facerlles máis difícil algunhas actividades, e que ben senta poder cooperar e que teñamos as mesmas oportunidades! . Foron de moita axuda os xogos de expresión teatral, de mímica e contos que compartimos, centrados na diversidade, para coñecer esta realidade dende varios puntos de vista e varios aspectos da mesma. .
E queremos investigar e aprender máis nos proximos días!
Comentarios recentes