Ooooooolaaaaaa a todas!!! Que tal estades? Nós estamos XENIAL porque hoxe é primeiro día de lúdico!
Na escola infantil do Milladoiro comezamos o día coñecéndonos xa que moitas de nós non sabiamos como nos chamabamos, rimos moito e foi moi divertido porque xogamos a dicir o que nos picaba.
Despois repasamos as normas e decatámonos de que para reciclar o lixo facíannos falta 3 envases onde botalo, así que nos puxemos mans á obra; fixemos debuxos de 3 cores: verde, amarelo e azul, quedaron moi bonitos.
De camiño a deixar o lixo no comedor, apareceu de súpeto no corredor unha zapatilla de bailarina e unha nota que nos levaba a unha zona do patio!! e así, pista tras pista, atopamos o tesouro: un conto que se chamaba “Iriña bailarina” e un cartón no que había debuxada a bailarina Iriña e un futbolista que se converteron en persoas reais cando as monitoras nos contaron o conto disfrazadas, molou moitísimo!
E para rematar este primeiro día, pintamos o photocall con pinceis e pinturas! As monitoras din que mañá podemos quitar fotos con el, vai molar mogollón así que familias preparade as vosas cámaras!!!
Deixamos para todos e todas a canción do conto Iriña Bailarina para que bailedes na casa tamén:
Comentarios recentes