Aquí nesta escola tan especial seguimos a practicar moito deporte para superar estas olimpíadas intergalácticas. Pero démonos conta de que non só hai que ter entrenado moito o corpo. Pouco a pouco ímonos dando conta de que a mente é un elemento importantísimo para conseguir unha meta. 

Tamén estamos descubrindo que atopar o noso talento é unha clave fundamental para saber en qué disciplina participar, e xa temos claro que cadaquén ten mínimo un talento, senon son centos!!

Día día imos coñecendo novas cousiñas, e o que nos pasou nesta semana foi moi curioso…

Resulta que aparecéronnos un montón de pezas de crebacabezas agochadas no patio. Tiñamos que atopalas todas, e cando nos puxemos a construír, descubrimos que faltaban moitas!!! 

Observando aos outros grupos vimos que os tres equipos lles estaba pasando o mesmo. Entón descubrimos que se xuntabamos todas as pezas, tiñamos dous crebacabezas completos!!!

Era igual que cando practicamos deporte, se todo o equipo non está unido, non conseguimos chegar a meta!!! 

Foi un descubrimento moi gratificante! Qué chulo foi ver os crebacabezas completos co esforzo de todos os nenos e nenas.