O día comezou cheo de alegría, contándonos o que nos trouxera Papá Noel e o Apalpador. Estábamos escoitando ás compañeiras cando de repente chegou unha visita!! Entrou pola porta unha exploradora que se chamaba Marga Polo. Viña presumindo de que viaxou por todo o mundo, chegada onte dende a mismísima Ucraína!! Contounos que nese país tamén están desfrutando do Nadal onde as árbores non son decoradas con bólas e adornos senón con arañeiras!! Flipamooos! A nosa amiga Marga preguntounos se nós tamén queriamos participar desa tradición e puxémonos mans á obra…quedaron unhas árbores chulísimas! E, por se fose pouco, fixemos as nosas propias caixas do lixo, cos nosos debuxos de Nadal para poder reciclar, despois da merenda.
Pero as sorpresas non remataron, Marga tamén nos trouxo un pequeno agasallo; unha caixiña máxica que ten moitos xogos para divertirnos nestas vacacións! E tamén nos anticipou que cada día poderemos coñecer un novo país con algo que nos vai deixar no cole! Estamos desexando descubrilo! Xa recibiredes novas…
Ata pronto!!
Comentarios recentes